O mais recente

Teatro: O Rexurdimento do Divino Sainete

A representación teatral “Rexurdimento do Divino Sainete” será estreada o próximo domingo, día 15, ás 20,00 horas no Auditorio Municipal de Celanova, coincidindo co 173 aniversario do nacemento do autor da obra literaria da que bebe esta representación, o poeta de Celanova, Manuel Curros Enríquez.

Hai aproximadamente un ano, o colectivo teatral “La Griotte” comezaron a traballar a obra para realizar unha adaptación da mesma á escena. Despois dun intenso traballo de interpretación do texto e do contexto elaborado en 1888 por Curros Enríquez, o grupo logrou montar unha composición singular e alternativa, apoiándose en marionetas, onde se conta a viaxe ficticia que o poeta realizou a Roma nun tren no que se abordan con crueza como estaban instalados os 7 pecados capitais na sociedade da época, dedicando cada vagón do tren a un dos pecados e co fin de pedirlle contas ó Papa.