Obxectivos

 

    Promoción e difusión do coñecemento da vida e obra de Manuel Curros Enríquez, así coma dos outros escritores relacionados con Celanova:

1.  Promoción de estudos de investigación e divulgación da vida e obra dos autores celanoveses.

2.  Organización de campañas informativas a nivel escolar do que significou Manuel Curros Enríquez para o rexurdimento da literatura galega.

3.  Organización de obradoiros literarios, cursos de verán e outros relacionados coa poesía e o xornalismo, ámbitos nos que destacou o poeta.

4.  Organización de actividades culturais, congresos, seminarios, recitais poéticos, concertos, conferencias, mesas redondas e outros relacionados co mundo da literatura galega e co tempo literario no que se moveron os poetas.

5.  Continuación da entrega anual do premio «Celanova, Casa dos poetas».

6.  Colaboración con outras Casas Museo de escritores afíns ou contemporáneos de Curros Enríquez ou dos outros poetas de Celanova, para organizar programas de divulgación conxunta dos escritores.

7.  Publicación de investigacións, estudios e outro material que a Casa Museo xenere coa súa actividade de promoción da figura de Manuel Curros Enríquez e os outros poetas de Celanova, en tódolos soportes audiovisuais e literarios posibles.

    Prestación de servizos, deseño e creacións de productos comerciais, turísticos, etc., destinados á obtención de rendas ou ingresos para axudar ó financiamento anual da Fundación e para contribuír á promoción turística, ó desenvolvemento local e á dinamización socioeconómica das Terras de Celanova. Todo isto tomando como referencia a capacidade representativa que no ámbito literario, cultural e turístico exercen, tanto a figura histórica de Manuel Curros Enríquez como o patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e artístico da vila.