Casa dos Poetas

 

 

 

Do Rexurdimento en adiante

 

 

 

A que foi casa familiar de Manuel Curros Enríquez constitúe hoxe a sede dunha fundación homónima adicada á conservación e difusión da cultura celanovesa. O inmoble (coa categoría de Ben de Interese Cultural) sitúase no número 37 da rúa que leva o nome do poeta. Está formado por dous edificios: un coa estrutura dunha casa tradicional galega (onde se conserva a lareira e a cheminea) e outra parte de características máis urbanas (na que se inclúe a fachada). A fundación conta cunha exposición permanente onde se fai un percorrido pola vida e obra do recoñecido autor. Tamén se repasan momentos importantes da época (século XIX e comezos do XX) e se fai un achegamento a algún autores celanoveses que, xunto a Curros, lle dan nome ao lugar (“Casa dos Poetas”). Entre eles, están Celso Emilio Ferreiro.

  • Ubicación: a 200 m da Praza Maior de Celanova. Para ver mapa, pincha aquí.
  • Acceso: en horario de apertura. Para ver horario, pincha aquí.

 

BIBLIOGRAFÍA DE INTERESE:

  • ALONSO MONTERO, Xesús. (1981): Celso Emilio Ferreiro, Ediciones Júcar, Barcelona.
  • LÓPEZ VARELA, Elisardo. (1997): A poesía galega de Manuel Curros Enríquez: estudio, edición, notas e apéndices, Deputación da Coruña, A Coruña.
  • NICOLÁS, Ramón; DÍAZ, Carlos. (2008): Celso Emilio Ferreiro, fotobiografía sonora, Ouvirmos, Sarria.
  • VV.AA. (2004): Curros Enríquez e o seu tempo: actas do I congreso internacional, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.
  • VV.AA. (2004): Xornadas sobre Celso Emilio Ferreiro, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.