Castromao

 

 

 

Cultura Castrexa

 

 

 

Xacemento arqueolóxico no que atopamos, á vista, máis de 70 estruturas circulares e cadradas xunto a unha muralla. É un dos castros máis relevantes do noroeste peninsular pola súa longa presenza no tempo. Estivo ocupado durante unha etapa prerromana; despois, experimentaría unha intensa romanización. Neste castro, acháronse en excavacións arqueolóxicas pezas únicas como un trisquel calado, unha “tabula”de hospitalidade, unha curiosa figura zoomorfa e un conxunto de moedas do século I d.C. A zona máis alta do castro está a 732 m sobre o nivel do mar e dende alí contémplanse vistas panorámicas de gran parte da provincia de Ourense.

  • Ubicación: atópase a 2,5 km de Celanova, preto da estrada Celanova-Acebedo do Río.
  • Acceso: libre.

Complementa a túa visita

Preto do xacemento, creouse hai pouco tempo o poboado “Coelia Nova”, unha reproducción dunha parte do asentamento castrexo orixinal. Conta cunha decena de estruturas.

  • Ubicación: a 500m do orixinal.
  • Acceso: libre.

*Reconstrución poboado

BIBLIOGRAFÍA DE INTERESE:

  • DORRIBO CAO, Rafael; REBOREDO TAXES, Manuel. (2001): Guía dos castros de Galicia, Edicións do Cumio, Vigo, pp. 148-155.
  • SCHNEIDER, Peter. (2006): O país dos mil castros, Grupo Marcelo Macías, Ourense.