O mais recente

Actividades para nenos en agosto

Durante o mes de agosto ofreceremos visitas e actividades para nenos polo que visitar Celanova en familia vai ser un pracer. Xincanas na Casa dos Poetas, visitas co monxe Rosendo polo mosteiro, escoitar o órgano ou subir á Torre das Campás. Escolle data para comprobar que actividade podes realizar!

O mais recente

O PINTOR CELANOVÉS FAILLE DOAZÓN DUN RETRATO DE CURROS A CELANOVA QUE ESTARÁ DESPOSITADO NA CASA DOS POETAS

O próximo sábado terá lugar o acto de entrega do devandito retrato que constitúe unha reinterpretación artística do busto en xeso que realizou Asorey para participar no concurso que se organizou no ano 1932 na Coruña para o monumento que acabou realizando o escultor de Cambados e que tanta presenza mantén aínda hoxe en día nos cantós coruñeses.

O acto de entrega terá lugar ás 12,30 horas na horta da palabra da Casa dos Poetas e contará coa presenza musical do catedrático de guitarra do Conservatorio de Vigo, Tomás Camacho, tan ligado ademais a Ourense.

O retrato realizado por Baldomero Moreiras é unha reinterpretación pola técnica do collage e contou coa colaboración fotográfica de Mani Moretón, que tamén asistirá ó acto.

O mais recente

Campamento de creatividade

Campamento de creatividade impartido por Katharina Ojea na Casa dos Poetas. Destinado a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos do 27 de xuño ó 29 dde xullo. De luns a venres de 16:00 a 17:30.