O mais recente

Presentación do libro «La Selva Dormida»

A Casa dos Poetas de Celanova acolle este xoves, día 8 de febreiro de 2018, ás 20.00 horas a presentación da novela “La selva dormida” de Juanjo Lamelas, unha historia de amor e intriga nas rúas de París, editada por Atlantis.

No acto estarán presentes José Luís Ferro Iglesias, Alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez, Juanjo Lamelas, autor da obra e Jorge Emilio Bóveda, escritor e compañeiro de traballo do autor.

Juanjo Lamelas naceu en Ourense en 1946, diplomado en Maxisterio, continuou os seus estudios na UNED para licenciarse en CC Químicas e posteriormente doutorarse na especialidade de Cinética Química. Participou en diversos congresos e publicou traballos de investigación en revistas como Journal of Chromatografich Science ou Afinidad. Durante oito anos dirixiu o Departamento de Cultura dun concello da súa provincia natal. Na actualidade dedícase á docencia, sendo profesor no CEIP Curros Enríquez de Celanova, do cal foi director os últimos anos.