Publicacións

 

Guía literaria de Celanova


Portada_gua_literaria_Resolucion_de_Escritorio

  • Autores:   X. L. Méndez Ferrín, José María Paz Gago, Xosé Benito Reza, Antonio Piñeiro e X. M. del Caño
  • Edita:   Fundación Curros Enríquez
  • Ano de publicación:   2007
  • Limiar:   X.L. Mendez Ferrín
  • PVP:   10,00 €


«Entre eles Xosé Manuel del Caño, Xosé María Paz Gago, Antonio Piñeiro e Xosé Benito Reza, nativos todos quer da Vila quer da Terra de Celanova que, con altos e diferentes estilos personais, economía e recursos e fartura a caneiro cheo destes a un tempo, erudición e pensamento analítico, habelencia para recoller o dito ou escrito por outros e enfialo no discurso societario, foron capaces de neste libro construír unha doutrina común sobre o tema de longo alcance que a dimensión literaria de Celanova é» (Xosé Luis Méndez Ferrín).


 

O ourego e o compás

img104_Resolucion_de_Escritorio

  • Autor:   Baldo Ramos
  • Edita:   Fundación Curros Enríquez
  • Ano de publicación:   2007

O poeta a artista gráfico Baldo Ramos volve a se sumerxir na combinación de imaxes e poesía para crear unha composición única, aínda que desta vez se centra máis na fotografía, deixando un pouco apartado o debuxo ao cal xa nos ten acostumados.


 

Antoloxía: doce poemas


Portada_de_-Antoloxa_doce_poemas-

  • Autor:   Manuel Curros Enríquez
  • Edita:   Fundación Curros Enríquez e Editorial  Duen de Bux
  • Ano de publicación:   2008
  • PVP:   10,00 €


A Fundación Curros Enríquez ofrece aos lectores unha antoloxía da poesía galega do escritor hai tempo esgotada, que satisfará e estimulará aos lectores de hoxe, especialmente ós centos de estudantes que cada ano visitan a Casa dos Poetas, un dos templos da poesía europea do século XIX.


 

Na frente unha estrela


Portada_Na_frente_unha_estrela-pequeno

  • Edita:  Fundación Curros Enríquez e Real Academia Galega
  • Ano de publicación:  2011
  • PVP:  2,00 €


Unha guía sobre a exposición permanente dedicada a Manuel Curros Enríquez que se presenta na Casa dos Poetas en Celanova.


 

A Ramallosa. Caligrafías da Luz


Portada_A_Ramallosa

  • Autores:  Baldo Ramos, Carlos Lorenzo, X.L. Méndez Ferrín, Aser Álvarez
  • Edita:  Asociación Arraianos
  • Ano de publicación:  2011
  • Colaboran:  Fundación Curros Enríquez e Concello de Celanova



 

Os Calderetas descobren a poesía en Celanova


Portada_Os_Calderetas

  • Autor: Pepe Carreiro
  • Edita: Fundación Curros Enríquez
  • Ano de publicación: 2011
  • PVP: 6,00 €


O coñecido ilustrador e autor infantil Pepe Carreiro crea para Celanova as personaxes de Roque, Torcuato e Cristal que coas súas inquedanzas se dispoñen a nos ensinar a vila a través da poesía de Manuel Curros Enrríquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Castor Elices e Castor Méndez Brandón.


 

 

Outras publicacións
 

No bico un cantar


MARIA_DO_CEO_-_No_bico_un_cantar

  • Formato:  Libro-CD
  • Autor:  María do Ceo
  • Edita: Fundación Curros Enríquez
  • Ano de publicación:  2008
  • PVP:  15,00 €


Disco de María do Ceo con versos dos grandes poetas de Celanova: Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín e Castor Elices Ven acompañado das biografías dos autores.


 

Nouturnio de Celanova


Portada_Nouturnio_de_Celanova-Pequeno

  • Formato:  DVD
  • Autor:  Raúl García Pérez
  • PVP:  5,00 €


Curtametraxe de animación baseada no poema «Nouturnio» do escritor celanovés Manuel Curros Enríquez. Relata a historia dun vello condenado a abandonar o seu fogar para afrontar o «nouturnio» da sua vida. Con subtítulos en castelán e inglés.


 

Semanario Adiante


Portada_semanario_Adiante_No

  • Formato: Edición facsímil
  • Edita:  Fundación Curros Enríquez
  • PVP: 1,00 €


No seu único número, publicado en 1933, o semanario Adiante trata as noticas do transcurrir da cultura galega en tódolos seus ámbitos. A publicación, que pretendía ser semanal, trataba de convertirse en voceiro das actividades das Mocidades Galeguistas, revelando a situación política da época.