Grupos concertados

As nosas propostas: roteiros


Roteiro 'Pedra e Poesía'

Inclúe: Paseo polas rúas da vila seguindo os versos dos seus destacados literatos, apertura da Casa dos Poetas para a súa visita, acompañamento polas dependencias do Mosteiro de San Rosendo e remate coa fermosa vista de Celanova desde a Torre das Campás.

  •  Duración aprox.:  2 horas
  •  Prezo:  Pendente de actualizar / persoa

Roteiro 'Un paseo pola historia de Galicia'

Inclúe: En pouco máis de 3 km á redonda podemos realizar un auténtico paseo pola historia de Galicia. Dende un xacemento castrexo, pasando por unha vila medieval, coñecendo o esplendor do poder monacal e rematando ata actualidade a través dos nosos escritoresInclúe todas as visitas e actividades ofertadas pola Fundación Curros Enríquez.

  •  Duración:  xornada completa
  •  Prezo:  Prezo pendente de actualizar / persoa


Confecciona o teu roteiro
Inclúe: 3 visitas ou actividades a escoller.

  • Casa dos Poetas
  • Mosteiro de San Rosendo
  • Percorrido literario guiado polas rúas de Celanova
  • Vilanova dos Infantes
  • Castromao

  •  Duración:  depende das actividades escollidas
  •  Prezo:  Prezo pendete de actualizar / persoa


Facemos visitas guiadas a medida para grupos que concerten a data con antelación no noso contacto.

Escoitar o órgano

 

A Fundación Curros Enríquez colabora na posibilidade de escoitar o órgano de Celanova.

Encontro coa organista da parroquia de San Rosendo para ofrecernos explicacións breves sobre a historia do instrumento, mostrar as súas características e interpretar varias composicións.

 

Cada parte da Celanova patrimonial nomeada neste apartado turístico pode ser pedida por separado ou agrupando os lugares máis interesantes según as preferencias de cada grupo, de maneira que a organización sea flexible para conseguir a visita adaptada perfecta.

Servizos

Visita ou actividade

Duración estimada

Casa dos Poetas 40 min
Percorrido literario guiado polas rúas de Celanova 40 min
Mosteiro de San Salvador 1 h
Torre das Campás

(Mosteiro de San Salvador)
30 min

Vilanova dos Infantes

(Incluído acceso á torre da homenaxe, á Cova de San Vivián e o Centro etnográfico dos zapateiros)
1 h

Castromao e/ou CoeliaNova

(xacemento e reconstrucción do poboado castrexo)
50 min / 30 min

Só incluído en roteiro

Condicións de atención a grupos

  • DÍAS: de luns a domingo
  • HORARIOS: según solicitude (as visitas ó Mosteiro intentaranse adaptar ás ofrecidas dende a Oficina de Turismo)
  • GRUPO MÍNIMO de 10 persoas (para grupos de menor número consúltenos)