Recomendacións de visita con nenos
Viaxar con nenos é, cada vez, algo máis frecuente. Son os visitantes con máis curiosidade, imaxinación e enerxía. É habitual que pensemos neles á hora de programar a nosa xornada... Programar? Ben, sa sabemos que iso non é tan doado con eles.
Dende a Fundación Curros Enríquez queremos orientarvos para que o voso paso por Celanova sexa de interse para os máis pequenos e, ó mesmo tempo, que vós o desfrutedes ó máximo.
Exploradores cativos
Unha aldea onde descubrir como eran as vivendas de fai 1500 anos
En combinación coa visita ó xacemento de Castromao (200m) ou non, esta é unha opción magnífica para eles. Pódese acceder co coche ata a entrada e convidalos a que explores pola súa conta.
Proposta: xogo de búsqueda.
Elementos a encontrar:
Subimos, subimos e seguimos subindo… ata o máis alto do mosteiro de Celanova
Acceder a lugares pouco habituais, onde o camiño semella un pasadizo secreto (parte do acceso realizáse por unha escaleira de caracol) e que para facelo teñas que demostrar a túa valentía… Crea expectativa, non credes?
Esta visita, que dura 25 minutos, é perfectamente segura para eles. Ademais aprenderán un pouquiño sobre o funcionamento do antigo reloxo de corda do campanario.
Proposta: xogo de números.
Nunca non saen as contas xustas… 97, 100… Canto escalóns hai? Cando veñas, axúdanos a resolver este misterio!
A vida do mosteiro
Un mosteiro é similar á túa casa: os claustros servían para acceder as diferentes dependencias como ocorre co teu corredor, o refectorio era onde comían, a lareira onde cociñaban, tiñan as súas dependencias na parte alta, que sería o equivalente os dormitorios actuais, e espazos para a oración, o estudo e o traballo. Ademais acollían peregrinos na hospedería e elaboraban menciñas na botica.
A visita habitual do mosteiro é case unha hora polo pode facerse algo longa para eles. Se o propio grupo o permite pódese adecuar o contido para que sexa máis comprensible.
Proposta: Taboleiros de xogo.
No Claustro Barroco podemos atopar uns taboleiros de xogo que xa usaban os monxes daquela. Convidámoste a buscalos e por que non… botar unha partida de tres en raia.
Esta vila garda un tesouro!
Un bo motivo para achegarse ata esta vila é o de poder pasear polas encantadoras rúas sen tráfico de este medieval labirinto. Cunha configuración urbana semellante á dunha tea de araña, a torre da homenaxe centraliza todos os camiños. Desde ela poderedes ver unas fantásticas vistas.
Tamén poderás solicitar a visita da Cova de San Vivián, un lugar do que se descoñece a súa orixe e onde ademáis os nenos coñecerán o oficio dos zapateiros e zoqueiros, que tanta fama lle deu anos atrás á vila.
Proposta: búsqueda do tesouro.
Pídelle colaboración ó persoal da torre para darlle un toque literario a esta visita lendo este cachiño do poema “A Virxe do Cristal” de Manuel Curros Enríquez e, así, saber onde buscar ese tesouro da princesa moura.
«Com’este antigo edificio
outro non hai según contas,
pois diz que foi levantado
por unha Princesa moura
dendes da posta do sol
hastra a saída da aurora;
e inda hai vellos que aseguran,
e podia que certo fora,
que debaixo dos cementos
que os altos muros soportan,
deixou a moura Princesa
pra que quen se astreva, morra,
sobre unha trabe en quilibrio
dúas cántaras que asombran:
unha de alquitrán inchida
i outra de moedas e xoias.»
Sabías? Fun á casa de Curros Enríquez!
Sabemos como desfrutan os nenos contando algo que fixeron ou aprenderon e que ademais intúen como algo importante. Con esta visita xa teñen de que falar cos seus abós, profesores… Convidádeo a que lles diga quen é Curros Enríquez e que estivo na súa casa, eles á súa vez seguro que tamén lle poderán contar alguna cousa que lembren del: un poema, unha canción…
Proposta: regálalle un conto.
Podes mercalo aquí e levar un recordo da visita ou preparar esta visita léndoo primeiro. Aquí tes a nosa suxerencia: «Os Calderetas descobren a poesía en Celanova».
E para o momento de xogo...
Parque Infantil de Celanova: sitúase ó lado do aparcamento de Celanova e moi preto do mosteiro de San Salvador (parte del apréciase na imaxe).