Presentación do libro FACER POESÍA EN CELANOVA

Presentación do libro FACER POESÍA EN CELANOVA

Presentación do libro «El Camino de Santiago por las tierras de Rosendo» de Laura F. Espinosa e Mónica V. Lopo na Casa dos Poetas.

Obradoiro de creación literaria. Facer poesía en Celanova: impartido por Xoán Carlos Domínguez Alberte. Organiza: Escola de Escritores da AELG na Casa dos Poetas.
A Sala dos Arcos na Praza Maior acolle unha mostra de pintura de Olga Bernardo.

Curtanova. Festival de curtametraxes do Campo de voluntariado do audiovisual galego.

Presentación do libro EL ALECRIM de Beatro C. Estévez Fontela na Casa dos Poetas. Historia dunha viaxe pola provincia de Ourense con presenza de Celanova no itinerario da historia.

𝐂𝐞𝐥𝐚𝐧𝐨𝐯𝐚 𝐞 𝐎 𝐑𝐢𝐛𝐞𝐢𝐫𝐨. 𝐇𝐢𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚, 𝐯𝐢ñ𝐨 𝐞 𝐥𝐢𝐭𝐞𝐫𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚.
A Ruta do viño do ribeiro colle protagonismo esta semana en Celanova, coa celebración dun acto moi especial e nun marco tan representativo como a 📖 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐏𝐨𝐞𝐭𝐚𝐬.
🗓 Data: Xoves 7 de xullo de 2022
⌚️ Hora: 19:30h – Duración: 1h 30′
𝐀𝐟𝐨𝐫𝐨 𝐥𝐢𝐦𝐢𝐭𝐚𝐝𝐨. Necesaria inscrición en: fundacion@currosenriquez.es
🎻 Este acto cultural estará amenizado por unha actuación musical, que será o perfecto acompañamento ao recital literario.
🍷 𝐆𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨𝐧𝐨𝐦í𝐚 𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐢𝐝𝐚𝐱𝐞: degustación de viños das adegas da Ruta do viño do Ribeiro, maridados con petiscos participantes no Concurso de Pinchos de Celanova.

Durante o mes de agosto ofreceremos visitas e actividades para nenos polo que visitar Celanova en familia vai ser un pracer. Xincanas na Casa dos Poetas, visitas co monxe Rosendo polo mosteiro, escoitar o órgano ou subir á Torre das Campás. Escolle data para comprobar que actividade podes realizar!

Obradoiro de caricaturas na Praza Maior os xoves do mes de agosto.


O próximo sábado terá lugar o acto de entrega do devandito retrato que constitúe unha reinterpretación artística do busto en xeso que realizou Asorey para participar no concurso que se organizou no ano 1932 na Coruña para o monumento que acabou realizando o escultor de Cambados e que tanta presenza mantén aínda hoxe en día nos cantós coruñeses.
O acto de entrega terá lugar ás 12,30 horas na horta da palabra da Casa dos Poetas e contará coa presenza musical do catedrático de guitarra do Conservatorio de Vigo, Tomás Camacho, tan ligado ademais a Ourense.
O retrato realizado por Baldomero Moreiras é unha reinterpretación pola técnica do collage e contou coa colaboración fotográfica de Mani Moretón, que tamén asistirá ó acto.