Entrega do XXXIX Premio «Celanova, Casa dos Poetas» a MANUEL GARCÍA «BUCIÑOS» e homenaxe a Celso Emilio Ferreiro.
Entrega do XXXIX Premio «Celanova, Casa dos Poetas» a MANUEL GARCÍA «BUCIÑOS» e homenaxe a Celso Emilio Ferreiro.
Presentación do libro QUERIDO JOSÉ ANTONIO de Rosa Trujillo Bolaño na Casa dos Poetas o 13 de xuño de 2023.
Presentación do libro EL ALECRIM de Beatro C. Estévez Fontela na Casa dos Poetas. Historia dunha viaxe pola provincia de Ourense con presenza de Celanova no itinerario da historia.
I PREMIO DE POESÍA ACOUGA CASA DOS POETAS
Bases do premio
1. Hotel Acouga Boutique e a Fundación Curros Enríquez de Celanova convocan a 1ª edición do Premio de Poesía Acouga Casa dos Poetas.
2. Poderán optar ao premio todos os autores e autoras maiores de idade de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega.
3. Fíxase un premio único que consistirá en dúas viaxes totalmente pagadas á Riviera Maya. O xurado pode declarar deserto o premio e conceder ata dous accésit, que consistirían en dúas noites en réxime de aloxamento e almorzo no Hotel Acouga Boutique.
4. Os traballos, cunha extensión mínima de 300 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado. Os autores responsabilizaranse de comunicarlle á organización, dun xeito inmediato, a concesión de calquera outro premio ao traballo presentado para poder ser retirado do concurso antes do día do fallo.
5. De cada traballo teñen que presentarse 3 copias en papel A4, mecanografadas a dobre espazo, numeradas e grampadas ou encadernadas. Estas deberán vir identificadas cun título e/ou lema. As obras presentaranse en sobre pechado, coa indicación “I Premio de Poesía Acouga Casa dos Poetas”, no seguinte enderezo:
Fundación Curros Enríquez
Rúa Curros Enríquez, 37
32800 Celanova (Ourense)
6. No interior do sobre, ademais dos traballos, achegarase outro sobre pechado, identificando tamén o título e/ou lema coa seguinte información:
– Título do traballo, nome do/a autor/a. e DNI ou pasaporte.
– Enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
– Declaración xurada na que se manifeste que o traballo presentado é orixinal, inédito e non premiado con anterioridade en ningún concurso ou certame.
– O selo que certifique a data de envío deberá ser visible.
7. O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 31 de marzo de 2024.
8. As deliberacións do xurado son secretas e delas levantarase a acta correspondente. A decisión do xurado farase pública no mes de agosto e o acto de entrega do premio terá lugar arredor do 15 de setembro, data do nacemento de Manuel Curros Enríquez, no que é obrigatoria a presenza do gañador ou gañadora.
9. O xurado estará integrado por tres persoas de recoñecido prestixio no eido da poesía galega e actuará como secretario un representante da Fundación Curros Enríquez, con voz e sen voto.
10. O título do traballo gañador e o nome e apelidos do sen autor ou autora daranse a coñecer mediante unha comunicación persoal (chamada telefónica) ao premiado ou premiada, así como na web da Fundación Curros Enríquez e do Hotel Acouga Boutique.
11. O trallado gañador será publicado total ou parcialmente na revista A Xanela, que edita Jofrey Hoteles.
12. As obras e os datos achegados destruiranse unha vez transcorrido un mes desde a data na que se faga público o fallo.
13. Calquera interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao xurado do premio.
A voz feminina protagoniza o I Premio de poesía “Acouga – Casa dos Poetas”
A sarriana, Naila María González Rodríguez viaxará á Riviera Maya ó resultar gañadora do concurso literario organizado polo Hotel Acouga e a Fundación Curros Enríquez de Celanova.
Outros dous accesits foron concedidos á ourensá Róchi Novoa, así como á caramiñá María Rodríguez Suárez.
Despois de analizar as once obras que foron presentadas a esta primeira edición do concurso, o xurado acordou concederlle o primeiro premio á poeta Naila María González, natural de Sarria, polo traballo presentado baixo o título “A anarquía das pálpebras”. Un poemario “de voz transparente e asequible, que atopa os motivos literarios no amor e na vida cotiá, escrita cunha lingua desenfadada, pero tratada con elegancia, e un ritmo traballado que abeira cada poema ao mundo da música pop e á poesía da experiencia”.
Naila María González Rodríguez é unha poeta con moita proxección nas nosas letras, tendo recibido xa, aos seus 21 anos, premios como o Francisco Añón de Poesía, o Certame de relato breve «Entre parágrafos nevados» e, con tan só 12 anos, o Premio ¿Qué es un Rey para ti?
Tendo en conta a boa calidade xeral dos traballos presentados, concederonse tamén sendos accesits a outros dous poemarios, un dos cales será recibido pola poeta ourensá de Xunqueira de Ambía, Rochi Novoa, e o segundo por María Rodríguez, da Pobra do Caramiñal.
O acto de entrega terá lugar o 14 de setembro, data próxima ó aniversario do nacemento de Manuel Curros Enríquez.