O mais recente

Celanova súmase á celebración do día de Rosalía de Castro

50 ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA DE CELANOVA OFRECERÁN O “CALDO DE GLORIA” BASEADO NUN POEMA ROSALIANO, O PRÓXIMO SÁBADO, 24 DE FEBREIRO

 

 

O día 24 de febreiro  celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e para celebralo a Fundación Rosalía de Castro, o ano pasado, con motivo do 180 aniversario do natalicio da poeta puxo en marcha unha iniciativa destinada a implicar á hostelería da vila na divulgación da escritora, propoñéndolle ós negocios que elaboraran un caldo seguindo a receita que Rosalía de Castro describe no poema “Miña casiña, meu lar”, ó cal bautiza como “CALDO DE GLORIA”.

 

Nesa primeira ocasión a resposta dos negocios de hostelería padroneses responderon moi ben á chamada da Fundación, polo que neste segundo ano e no marco do proxecto de consolidación dun itinerario do Rexurdimento, a iniciativa amplíase a Celanova e Ponteceso, que tamén se sumarán o próximo día 24 á divulgación do coñecido poema rosaliano coa elaboración do “Caldo de Gloria” nas localidades natais de Curros e Pondal.

 

Feita a proposta por parte da fundación Curros Enríquez, a hostalaría de Celanova respondeu magnificamente á mesma confirmando a súa participación un total de 50 establecementos entre os que se atopan restaurantes, cafeterías e aloxamentos de turismo urbano e rural. A altísima porcentaxe de participación (que rondará o 85%) dá mostra da sensibilidade deste sector, que co seu apoio arroupa as iniciativas nas que a literatura ten a súa parte protagonista.

 

Dese medio cento de establecementos celanoveses, os restaurantes incluirán o “Caldo de gloria” na súa carta do día, mentres que os bares, tabernas, etc., ofrecerán unha cunca de caldo os seus clientes como complemento ó consumo da bebida. Con tal motivo ó longo da xornada a Fundación Curros Enríquez distribuirá entre os negocios participantes poemas de Rosalía de Castro para que a lectura da poesía acompañe nesta celebración.

 

A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova organizan tamén para ese días ás 16,30 horas un concerto didáctico gratuíto na igrexa do Mosteiro de San Salvador, que terá como singularidade a interpretación das músicas de cancións que teñen letra dos tres autores e que son tan coñecidas como “Negra Sombra”, “Unha noite na eira do trigo ou Cántiga”, e o propio “Himno galego”. O concerto será ofrecido pola organista María José Mosquera.

 

Ademais, a Casa dos Poetas sumarase á celebración agasallando ós seus visitantes cunha publicación. As visitas poderán realizarse en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.00.

 

Por último abrirase de forma gratuíta para a súa visita por libre a exposición “Galicia e a sega en Castela ao longo dos tempos” situada na primeira planta do claustro barroco do Mosteiro de Celanova. Esta mostra permanente inclúe a visión literaria do fenómeno migratorio cun protagonismo especial para a Rosalía de Castro e o seu poema “Castellanos de Castilla”.

 

Deste xeito, como xa queda dito, a Fundación Curros Enríquez e a Fundación Eduardo Pondal únense á Fundación Rosalía de Castro facendo realidade a primeira actividade conxunta do Itinerario do Rexurdimento, un proxecto, este, no que se leva tempo traballando para a posta en común de iniciativas que unen as tres vilas, tan distantes xeograficamente dentro da Comunicade Autónoma pero unidas polos lazos literarios dos tres autores de referencia da literatura galega.

 

Dende a Fundación Curros Enríquez, convidamos, pois, a quen queira acompañar a celebración do aniversario de Rosalía de Castro comendo un caldiño, para que se achegue á vila que mellor estime, Padrón, Celanova e Ponteceso, e goce das actividades que acompañarán esa xornada protagonizadas pola poesía da figura máis representativa e querida das letras galegas.

 

LISTADO DE ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NO CALDO DE GLORIA

EN CELANOVA

1.      Casaberta

2.      A adega do Iván

3.      Tapería Gaia

4.      Bar Tapería A Casa do Furruxo

5.      Café Bar Londres Tapería

6.      Tortillería Tapería O Curruncho

7.      Bodegón Trigal

8.      Café Tapería Stop

9.      Café Bar Parderrubias

10. Mesón Vieira

11. Café Bar Nuevo Sol

12. Teleclub Vilanova

13. Parrillada O Cristal

14. Bar Los Claveles

15. Restaurante O Forno do Lito

16. Café Bar Bohemia

17. Bar tapería O que faltaba

18. Taberna O Tellado

19. Restaurante Parrillada Moreiro

20. Alento Bakery Coffee

21. Bar Tapería A Esmorga

22. Café Bar Espolón

23. Novo Administración Café

24. Café Bar América

25. Mesón O Forno

26. Restaurante Anros

27. Café Rocarine

28. Bar O Latas

29. Cafetería Tapería O Candil

30. Parrillada Celanova

31. Bar Milmanda

32. A burguesiña do administración

33. Pizzería Sicilia

34. Bar Lúpulo

35. Hotel Restaurante Celanova.

36. Asociación Limia Verde www.limiaverde.com (13 casas rurais asociadas)

O mais recente

Presentación do libro «La Selva Dormida»

A Casa dos Poetas de Celanova acolle este xoves, día 8 de febreiro de 2018, ás 20.00 horas a presentación da novela “La selva dormida” de Juanjo Lamelas, unha historia de amor e intriga nas rúas de París, editada por Atlantis.

No acto estarán presentes José Luís Ferro Iglesias, Alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez, Juanjo Lamelas, autor da obra e Jorge Emilio Bóveda, escritor e compañeiro de traballo do autor.

Juanjo Lamelas naceu en Ourense en 1946, diplomado en Maxisterio, continuou os seus estudios na UNED para licenciarse en CC Químicas e posteriormente doutorarse na especialidade de Cinética Química. Participou en diversos congresos e publicou traballos de investigación en revistas como Journal of Chromatografich Science ou Afinidad. Durante oito anos dirixiu o Departamento de Cultura dun concello da súa provincia natal. Na actualidade dedícase á docencia, sendo profesor no CEIP Curros Enríquez de Celanova, do cal foi director os últimos anos.

O mais recente

Createca de Nadal

Lugar: Casa dos Poetas . De martes a venres de 11:00 a 13:00

Destinatarios: Nen@s de 4-12 anos

Prezo: 20€

Organizan: Fundación Curros Enríquez, Concello de Celanova e Avoa Youja.

Programación:

D. 22  Xogos e manualidades: adorno de Nadal

D. 26  grupo maiores: Danza creativa I

grupo pequenos: Teatro e movemento expresivo I

D. 27  grupo maiores: Expresión corporal

grupo pequenos: Teatro con obxectos e marionetas

D. 28 grupo maiores: Danza creativa II

grupo pequenos: Teatro e movemento expresivo II

D. 29  Festa para despedir o ano

D. 2  grupo maiores: Teatro e movemento expresivo I

grupo pequenos: Danza creativa I

D. 3  grupo maiores: Teatro con obxectos e marionetas

grupo pequenos: Expresión corporal

D. 4  grupo maiores: Teatro e movemento expresivo II

grupo pequenos: Danza creativa II

D. 5  Troula final