O mais recente

Presentación do Roteiro do viño do Ribeiro e a súa relación con Celanova

𝐂𝐞𝐥𝐚𝐧𝐨𝐯𝐚 𝐞 𝐎 𝐑𝐢𝐛𝐞𝐢𝐫𝐨. 𝐇𝐢𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚, 𝐯𝐢ñ𝐨 𝐞 𝐥𝐢𝐭𝐞𝐫𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚.
A Ruta do viño do ribeiro colle protagonismo esta semana en Celanova, coa celebración dun acto moi especial e nun marco tan representativo como a 📖 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐏𝐨𝐞𝐭𝐚𝐬.
🗓 Data: Xoves 7 de xullo de 2022
⌚️ Hora: 19:30h – Duración: 1h 30′
𝐀𝐟𝐨𝐫𝐨 𝐥𝐢𝐦𝐢𝐭𝐚𝐝𝐨. Necesaria inscrición en: fundacion@currosenriquez.es
🎻 Este acto cultural estará amenizado por unha actuación musical, que será o perfecto acompañamento ao recital literario.
🍷 𝐆𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨𝐧𝐨𝐦í𝐚 𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐢𝐝𝐚𝐱𝐞: degustación de viños das adegas da Ruta do viño do Ribeiro, maridados con petiscos participantes no Concurso de Pinchos de Celanova.

O mais recente

Actividades para nenos en agosto

Durante o mes de agosto ofreceremos visitas e actividades para nenos polo que visitar Celanova en familia vai ser un pracer. Xincanas na Casa dos Poetas, visitas co monxe Rosendo polo mosteiro, escoitar o órgano ou subir á Torre das Campás. Escolle data para comprobar que actividade podes realizar!

O mais recente

O PINTOR CELANOVÉS FAILLE DOAZÓN DUN RETRATO DE CURROS A CELANOVA QUE ESTARÁ DESPOSITADO NA CASA DOS POETAS

O próximo sábado terá lugar o acto de entrega do devandito retrato que constitúe unha reinterpretación artística do busto en xeso que realizou Asorey para participar no concurso que se organizou no ano 1932 na Coruña para o monumento que acabou realizando o escultor de Cambados e que tanta presenza mantén aínda hoxe en día nos cantós coruñeses.

O acto de entrega terá lugar ás 12,30 horas na horta da palabra da Casa dos Poetas e contará coa presenza musical do catedrático de guitarra do Conservatorio de Vigo, Tomás Camacho, tan ligado ademais a Ourense.

O retrato realizado por Baldomero Moreiras é unha reinterpretación pola técnica do collage e contou coa colaboración fotográfica de Mani Moretón, que tamén asistirá ó acto.

O mais recente

Campamento de creatividade

Campamento de creatividade impartido por Katharina Ojea na Casa dos Poetas. Destinado a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos do 27 de xuño ó 29 dde xullo. De luns a venres de 16:00 a 17:30.