Que descubrir en Celanova?
Posta en valor do órgano
Un órgano componse principalmente de dúas partes: o instrumento propiamente dito e unha caixa que a modo de “envoltorio” recobre o conxunto.
No caso de Celanova, conservamos unha caixa do século XVIII con dúas fachadas de estilo rococó. Tras algunha intervención desafortunada, no 2001 constrúese un novo órgano encargado á casa organeira Späth (Suíza), combinándose nel características dun instrumento centroeuropeo e un ibérico.
*Podes escoitalo na misa das 12:30 dos domingos ou unirte a algunhas das actividades musicais que organizamos con grupos concertados.
Poemas na rúa
Itinerario literario que pretende evidenciar o caudal literario que transita polo ambiente histórico das rúas desta vila.
Un total de 14 paneis recollen unha selección de textos de figuras celanovesas: Curros Enríquez, Castor Elices, Castor Méndez Brandón, Celso Emilio Ferreiro, Pepe Velo ou Xosé Luís Méndez Ferrín.
Colocados nos lugares ós que fan referencia co fin de que a poesía conviva cos celanovenses, así como con todos aqueles que por unha ou outra razón se acheguen a Celanova.
Recomendacións variadas
Paseo por Celanova
A vila ofrece recunchos e rúas de profundo sabor popular, con casas blasonadas e outras de sinxela arquitectura tradicional, pero dunha fermosa configuración urbana. Tendo a Praza Maior como eixe central, galerías burguesas enchen a Rúa San Roque que desemboca na “Calle Arriba” (formalmente Rúa Curros Enríquez onde se atopan as casas familiares de Celso Emilio Ferreiro e Curros). Na outra dirección a praza asoportalada do Cruceiro coñecida como “Praza do Millo” enlaza as rúas Fernández Losada (da Botica) coa “Calle Abaixo” dirinxido así ó visitante ó fermoso Barrio da Hermida que acolle a Capela da Encarnación. Durante o camiño:
Visitas teatralizadas
Periodicamente teñen lugar unhas visitas coordinadas dende a Fundación Curros Enríquez nas que o público forma parte da posta en escea da recreación do funcionamento diario da comunidade benedictina que habitou o Mosteiro ata 1835, ó tempo que, dunha maneira lúdica, se fai unha aproximación á vida e familia do fundador do Mosteiro e á historia da fundación do cenobio. Para consultar o calendario desta actividade recomendamos estar atentos ó noso Facebook Fundación Curros Enríquez; ou incluso poden solicitar un aviso particular a través do contacto: nanoitedostempos@gmail.com
Pregúntelle a calquer veciño, eles saben onde está o mellor!
Mercado tradicional
Todos os xoves ten lugar un concurrido mercado semanal que se celebra ininterrumpidamente desde finais do século XII e onde os produtos tradicionais da horta do val do Arnoia agora danse a man con outros produtos máis modernos (roupa, artesanía…) para convertirse no centro de referencia comercial da comarca. E por suposto é esta unha magnífica oportunidade para degustar o “pulpo á feira”, un viño da casa ou unha ración de “carne ó caldeiro” ou churrasco nos postos por debaixo da Alameda.
Turismo de compras
Vida sa
Ponte Freixo (… km, Cartelle) con parrillada, zona de baño e unha ponte romana con dito nome. Veiga (… km, A Bola) con parrillada, parque e piscina infantil.
Música
Festival Hércules Brass: festival de vento-metal no que se inclúen clases, concertos e actividades de ocio. Para saber máis visite a páxina Web do evento.
Festas locais
O máis importante e que en todas, o visitante de fora pode sentirse partícipe e compartir a ilusión coa que se viven dende dentro.